Xoves, 06 Abril 2017 12:15

Teatro Fonte da Tella

Teatro Fonte da Tella

Sábado 8 de abril ás 21,00 h. - Casa da Cultura Soutomaior

A programación do Concello de Soutomaior presenta este sábado á compañía localde teatro afeccionado Teatro Fonte da Tella, a obraA media luz os tres”.

Trátase dunha adaptación, en clave de humor, da obra de Miguel Mihura, que conta as aventuras de Alfredo, un home solteiro que só pensa en conquistar mulleres, pero que co tempo comproba que a súa vida está chea de fracasos.

Miguel Mihura (1905-1977), é o gran mestre do teatro humorístico contemporáneo en España. Domina toda clase de recursos escénicos, enxeñosos diálogos, e representa un humor fino, sutil e tenro, que chega con facilidade a todos os espectadores.

Esta obra é unha divertida comedia chea de ritmo que trata temas tan universais como o amor, as relacións de parella, a infidelidade e, sobre todo, a soidade.

A función está recomendada para público adulto, e representaraseeste sábado 8 de Abril, ás 21:00 h, na Casa de Cultura de Soutomaior.

Esta función é benéfica e a recadación destinarase a persoas sen recursos que sufriron danos nas súas vivendas a causa do temporal.

O prezo do donativo será de 3 € por persoa ou 5 € por parella.


Publicado en Cultura
Visto 1857 veces

Teatro Fonte da Tella “Onte” e Concerto infantil "María e Jorge"

23-10-2020 / Cultura

Teatro Fonte da Tella  “Onte” Sábado 24 de Outubro ás 20,30 horas – Casa do Pobo do Val-Sobral A Agrupación teatral de Soutomaior Fonte da Tella estrea a obra “ Onte” que é unha adaptación da obra de Jorge Díaz “Ayer, sin ir más lejos” Jorge Díaz Gutiérrez (Rosario, 20 de febreiro de 1930 - Santiago, 13 de marzo de 2007) foi un...

Teatro de humor: “Top Manta”

09-10-2020 / Cultura

Domingo 11 de autubro ás 18,00 h. – Multiusos de Arcade Fulano, Mengano e Citano preséntannos TOP MANTA e cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “coctel” que nos fará estoupar coa risa. Divertidas proxeccións de video, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo...

Domingo 11 de outubro - 18,00 h

08-10-2020 / Cultura

para rir e rir e rir por non chorar, chorar, chorar……… de risa, claro.

Domingo 11 de outubro

07-10-2020 / Cultura

para rir e rir e rir por non chorar, chorar, chorar….......................

O Capitán Garfo e Os forzu 2

02-10-2020 / Cultura

O Capitán Garfo - Cociñando música  Sábado 3 de outubro ás 18,30 h. – Casa da Cultura de Soutomaior Pop electrónico con vontade didáctica no ámbito da alimentación! Cociñando música é un concerto de pop electrónico onde un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que a rapazada aprende de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios...

A maxia dos contos / Manuel Solla

01-10-2020 / Biblioteca

Venres 2 de outubro  ás 17,30 h. Multiusos de Arcade Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, cancións, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos iranos introducindo no mundo máxico dos contos coas sorpresas dunha maleta máxica e da man dos seres fantástico que nela habitan. Esta actividade encádrase dentro do programa de dinamización da lectura da Xunta...


Os libros que te fan imaxigar

97 formas de decir "te quiero"

Cristóbal no sale de su asombro cuando Daniela, una joven desconocida, le revela que ambos murieron veinte años atrás con la promesa de reencarnarse. Pero más atónito queda aún cuando...

El planeta americano

A lo largo del siglo XX se han creado muchos mitos, pero hay uno, ahora que otros han muerto y el siglo declina, que se alza sobre los demás: Estados...

El símbolo perdido

¿Existe un secreto tan poderoso que, de salir a la luz, sea capaz de cambiar el mundo?  Washington. El experto en simbología Robert Langdon es convocado inesperadamente por Peter Solomon, masón...

Acio sanguento

Daniel Sieiro, un policía capaz de ver ata debaixo do alcatrán, e o seu axudante Maquieira deben averiguar quen é o autor do truculentos asasinato de Xulio Afonso, un profesor...

TV Concellería de Cultura