Venres, 26 Xullo 2019 12:36

Festival Clausura Actividades Verán 2019.

Festival Clausura Actividades Verán 2019.

Mañá sábado a partir das 21,30 horas na Alameda de Talo Río celebrarase o festival de clausura das actividades de verán 2019 nas que participaron máis de 330 nenos e nenas do Concello de Soutomaior.

Presentado polo animador Ademar Silvoso iniciarase co musical infantil “ As viaxes de Paio e Aurelio” da Compañía Oviravai

Paio e o Teixugo molón. Por onde vai sempre sempre fai amig@s. Gústalle a música, a natureza e é feliz cando a xente divírtese nos seus espectáculo

Aurelio e o mellor amigo de Paio desde que se coñeceron viaxando polo mundo. E o que se di “un oso bonachón” e nunca nunca ten frío. Baila xenial e disfruta cada un dos espectáculos co se u amigo Paio. Ah, tamén encántalle facerse fotos de recordo coas nenas e os nenos, porque non ten unha boa memoria que digamos …

A continuación proxectarase o vídeo das actividades onde se poderá ver un resumo das actividades dos distintos grupos de idade.

 Finalmente repartirase entre os participantes un recordo destas “Actividades Verán 2019”


Publicado en Actividades de Verán
Visto 343 veces