Mércores, 20 Febreiro 2019 10:02

Obras de restauración da Ponte de Comboa

Obras de restauración da Ponte de Comboa

 O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de restauración da ponte medieval de Comboa.

 Unha actuación destinada a poñer en valor un símbolo do patrimonio cultural e histórico de Soutomaior.

Os primeiros traballos comezaron a pasada semana coas tarefas de recuperación da contorna da ponte. Con eles preténdese recuperar a contorna ambiental orixinal do enclave, polo que se eliminaron as especies de flora consideradas invasoras, como a acacia ou a mimosa, para potenciar as especies autóctonas, como o carballo ou o bidueiro.

Unha vez terminada a recuperación ambiental da marxe esquerda, esta semana empezaron as primeiras tarefas de restauración na ponte, centradas na limpeza da parte superior do conxunto e a retirada da capa de asfalto que cobre a calzada orixinal. Unha vez retirada procederase á limpeza de todo o conxunto mediante métodos manuais. Estes traballos realizaranse con produtos xabonosos neutros e non abrasivos que garantan a prefecta conservación de todos os elementos orixinais da ponte.

A continuación, e seguindo as directivas de Patrimonio, instalarase o pavimento de jabre para garantir a súa integración total coa estética do conxunto.

Ademais, aproveitaranse os aliviadoiros propios da ponte de maneira que tamén se recuperará o sistema orixinal de drenaxe da calzada. Os traballos estarán finalizados nas próximas semanas xa que se trata dun proxecto complexo e afrontado unicamente co orzamento municipal




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

11-04-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade. Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma...