Luns, 20 Xuño 2016 19:28

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

Exposición " Os/as nosos/as artistas" Escola Municipal de Debuxo e Pintura

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior inaugurou este venres pasado (17 de xuño) a exposición "Os nosos/as artistas" coa que se pecha o curso da escola Municipal de Debuxo e Pintura. Nesta exposición participan 29 alumnos/as de todas as idades a partir dos 5 anos. Na exposición pódense ver obras moi variadas: desde acrílicos en papel ou lenzo ata óleos ou acuarelas, realizadas durante todo o curso que comezou en outubro e rematou neste mes de xuño. A exposición reflicto o percorrido realizado polo alumnado durante todo o curso e os seus avances pois cada persoa expón un par de obras, como mínimo.

A exposición poderá visitarse no Multiusos ata  o 30 de xuño de 2016. 

A edil de Xuventude, Noelia  Ocampo, quere agradecerlle a todo o alumnado o traballo realizado e sobre todo a súa implicación e participación nesta actividade que cada ano cobra unha maior importancia. É grazas a eles e a elas que podemos seguir fomentando actividades de índole artística e creativa para que a xuventude poida expresar os seus intereses e motivacións.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o seguinte curso que se iniciará en outubro.

As fotos do Festival Danzarte xa se poden descargar na web https://picasaweb.google.com/103382886082081099635?noredirect=1


Visto 3036 veces

Os titulares de Xuventude

Adianto das Escolas Municipais de Xuventude

31-07-2019 / Xuventude

Desde o 2 ao 20 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Municipais: ESCOLAS MUNICIPAIS DANZA E MOVEMENTO Actividade 1: DANZA DO VENTRE Destinatarios:a partir de 12 anos Datas e...

Somos artistas 2019

08-07-2019 / Xuventude

  Somos artistas é un proxecto impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior que se desenvolveu desde o mes de abril ata o mes de xuño de 2019 en...

Representacións teatrais. Escola Municipal de Teatro

26-06-2019 / Escola Municipal de Teatro

Este fin de semana o alumanado dos diferentes grupos da Escola Municipal de Teatro presentarán as súas obras de fin de curso. O grupo xuvenil 2 presentará o venres 28...

Aquagym

24-06-2019 / Xuventude

Durante o mes de Xullo a xuventude poderá seguir manténdose en forma coa actividade de AQUAGYM NA PRAIA organizada polo Concello de Soutomaior. Dirixida a todas as idades e pensada...