Debuxo e Pintura (4)

Esta artista local, conta cunha traxectoría que pódese ver reflectida nas obras da exposición que se presentará no Multiúsos de Arcade no marco do programa Artellando promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior.

Dende os seus comezos no mundo da arte, as acuarelas foron unha das súas paixóns compartindo este posto coa fotografía, outro grande que me a leva acompañando dende que tivo a súa primeira cámara, alí polos 10 anos.

Xa na etapa dos estudos deu un pequeno rodeo ata atoparse estudando Belas Artes na facultade de Pontevedra, alí descubriría a admiración por todas as disciplinas artísticas, ainda que sempre con máis afinidade polas xa mencionadas.

Grazas a certos compañeiros e compañeiras obtivo os coñecementos para achegarse a outras ramas da arte que ainda non explorara, como pode ser o vídeo, algo que gardou con gran agarimo no corazón a pesares de parecerlle demasiado complexo, xa que grazas a este tiveron a primeira exposición no museo de arte contemporéno CGAC.

Unha das disciplinas coas que mellor se entendeu foi coa pintura, e en concreto o óleo foi co que máis lle gustou expermientar, a pesares diso a finais da carreira decidiu volver á fotografía para pechar asi a súa etapa nos estudos.

Na etapa que se atopa agora decidiu experimentar sobre todo coa arte dixital, disiciplina que na carreira foi máis unha ferramenta que un fin, tratando de reivindicar a importancia que ten como obra. A día de hoxe está facendo ilustracións e obras por encargo, sobre todo en dixital, e impartindo talleres con compañeiras.

Escribo prosa poética y escribín un libro cos meus escritos e cada un deles o acompaña un cadro meu.

Maiormente obra pictórica, visual e audiovisual de temática variada.

Artista autodidacta, a temática xeralmente é sobor do noso rural, as veces como denuncia do abandono, estes traballos son xeralmente a tinta ou lápiz. En 1998, cedo por primera vez un traballo, o desaparecido periódico Mercavedra de Pontevedra. En 1999, participo por primera vez na "Mostra de Artistas da Bisbarra", continuando en todas as edicións.

A primera exposición individual en 2000, no desaparecido "Eido da Civila" de Arcade, e a partires de ahí participo en moitas de exposicións tanto individuais como en grupo, en diversos concellos do entorno e de outras provincias.

Algúns dos meus traballos forman parte de ilustración de libros, como o "Carballo de Santa Margarida", " O Carballo do Pelete" , O Carballo e a Sus Historia ", "Hablazme Piedras", "A Roda", e no documental sobor das parroquias de Canicouva e Pontesampaio. A última participación foi co grupo Galeoska no 2022, no "Certamen da Camélia" no Castelo de Soutomaior.