Mércores, 19 Xaneiro 2022 11:30

Programa formativo municipal

Programa formativo municipal

Novos cursos e accións formativas convocados polo Concello de Soutomaior (Xuventude e Educación) para os seguintes meses.

Por unha banda, as accións dirixidas á formación ocupacional e para o emprego fundamentalmente dirixidas ao público xuvenil a partir de 16 anos que teñen como finalidade ofrecer unha formación teórico práctica xunto coa realización de prácticas en empresas en sectores con alta demanda laboral. Con esta formación as persoas poderán obter un diploma que acredite esa formación e experiencia práctica así como, nalgúns casos, formar parte de bolsas de emprego nas empresas nas que realicen as prácticas. Nesta oferta ofrecemos cursos en varios sectores: loxística e distribución que inclúe tamén a obtención do carné de carretillas elevadoras, o curso oficial de monitores/as de tempo libre  e un curso de limpeza hospitalaria. A maiores, tamén convocamos curso de manipulación de alimentos e o de linguaxe de signos, ambos tamén impartidos por empresas ou entidades homologadas para estas acreditacións e que pode ser unha formación complementaria para moitas profesións e para mellorar o currículo. Para as persoas maiores de 18 anos que non teñan o título da ESO tamén se oferta a actividade de preparación das probas libres que convoca a Xunta de Galicia para a obtención desta titulación servindo esta formación ao mesmo tempo para presentarse ás competencias clave.

Por outra banda, ofrecemos dous itinerarios para mellorar as competencias en inglés, nos que poden participar no itinerario 1 mozos e mozas de 12 a 14 anos e no itinerario 2 mozos e mozas de 15 a 17 anos. Serán eminentemente prácticos e seguirán unha metodoloxía participativa para traballar a competencia oral e comunicativa nesta lingua.

Convocamos tamén o programa de Escola de Familias cunha sesión mensual na que as familias poderán formarse en temas como as novas parentalidades, xestión do conflito e aplicación de normas,... Cada sesión será guiada por expertas na materia que iniciarán a xornada cunha breve explicación sobre o tema a abordar e debater posteriormente. Poderán asistir acompañados de fillos/as menores porque haberá monitores/as encargados de realizar con eles/as un programa lúdico no tempo que dure a actividade.

Toda a información detallada sobre estas actividades pode consultarse no BIX  (inscricións, prazos, horarios, custes,..) que podedes descargar aquí:  2022-1-Cuatrimestre-BIX-Xuventude

Inscricións na web:Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com)

 


Publicado en Mocidade
Visto 714 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...