Venres, 20 Novembro 2020 08:45

XIX Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal 2020

XIX Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal 2020

O Concello de Soutomaior convoca a XIX edición do Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e Aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. 

Dadas as actuais circunstancias derivadas da COVID-19 a edición deste ano está adaptada ás novas circunstancias co fin de posibilitar a participación con seguridade e cumprindo todas as normas e medidas sanitarias. A entrega de postais e felicitación realizarase a través da web:

https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/concurso-postais-de-nadal-2020

Esta web ten un funcionamento moi sinxelo: para recoller os datos conta cun formulario de inscrición que recolle os datos básicos de participación (nome e apelidos, idades, categorías, contacto, etc) e á súa vez xa conta cun apartado que permite seleccionar o formato e modalidade na que se participa para que as persoas poidan ou ben subir a imaxe da súa postal  (simple ou tridimensional) ou ben subir  a URL do vídeo se o que queren e participar no formato audiovisual. Tamén se pode enviar o vídeo á OMIX por whatsAPP ó número 638822868

 

Os formatos de presentación e categorías por idades son: 

POSTAIS- MODALIDADE SIMPLE (sen volume)

  • Categoría A: idades de 2 a 4 anos
  • Categoría B: idades de 5 a 8 anos
  • Categoría C: idades de 9 a 12 anos
  • Categoría D: idades de 13 a 18 anos

POSTAIS- MODALIDADE TRIDIMENSIONAL-VOLUMINOSA (con volume, altura, anchura e profundidade). 

  • Categoría T1: 5 a 8 anos
  • Categoría T2: 9 a 12 anos
  • Categoría T3: 13 a 18 anos

FELICITACIÓN AUDIOVISUAL - MODALIDADE VÍDEO

  • Categoría A1: 5 a 8 anos
  • Categoría A2: 9 a 12 anos
  • Categoría A3: 13 a 18 anos
  • Categoría AF: familiar. Todas as idades.

Outra das novidades desta edición é a incorporación da categoría familiar na modalidade audiovisual para que poida participar toda a familia.

A maiores do xurado que seleccionará as postais máis creativas, innovadoras, orixinais, etc. tamén haberá unha votación popular mediante a cal todo o mundo poderá votar por aquela postal que máis lle gusta. A máis votada en cada modalidade recibirá un premio específico.

 

O listado de premios consta de: lotes navideños e cestas, vales por diferentes importes para canxear no comercio e hostalaría local e un agasallo para todas as persoas que participen.

A entrega de premios este ano tamén será diferente. Para evitar concentracións e aglomeracións e tendo en conta as restriccións sanitarias os premios entregaranse nos domicilios das persoas antes do día 24 de decembro.Concertarase previamente coas persoas a visita para que Papá e Mamá Noel entreguen estes premios. 

Con respecto ó agasallo de participación poderá recollerse na OMIX, previa cita, ou ben se se participa a través dun centro educativo poderá recollerse no propio centro. 


Prazo de presentación

O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O MÉRCORES 16 DE DECEMBRO ÁS 14.00 HORAS. 

A votación popular na web pecharase o domingo 20 de decembro ás 23.00 h

As bases completas cos premios e demais información poden descargarse aquí ou na web do propio concurso.

Ante calquera dúbida podedes contactar coa OMIX nos números 986700822, 638822868 ou ben no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude
Visto 200 veces


Concellería de Xuventude

ConfiEntroido: un entroido de andar pola…

04-02-2021 Xuventude

Desde o Concello de Soutomaior comunicamos que este ano non poderemos festexar a festa de entroido como desexaríamos porque as circunstancias non o permiten xa que a COVID-19 impide que...

Inicio de novas actividades!

14-01-2021 / Xuventude

As Concellerías de Xuventude e de Educación do Concello de Soutomaior avanzan as primeiras actividades do ano. Actividades que se adaptan ás novas circunstancias que vivimos en cumprimento das novas restriccións e que se realizarán na modalidade virtual!. Dun xeito seguro e seguindo unha metodoloxía moi interactiva e participativa. A conexión á aula será moi sinxela e poderase participar desde...

Novidades carné xove!

11-01-2021 / Xuventude

O Carné Xove será enviado de balde ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos. Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa...

Postais e felicitacións de Nadal premiadas no Concurso de 2020

21-12-2020 / Xuventude

Podedes consultar as postais e felicitacións premidas polo Xurado e tamén cales foron as máis votadas neste 2020 polo público a través da web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/lista-de-exitos A entrega de premios terá lugar este mércores 23 de decembro ás 11 h no Multiúsos en Arcade durante un acto moi breve ao que soamente poderán acudir as persoas premiadas para recoller os premios para...

Votación popular das postais e felicitacións presentadas no Concurso deste ano 2020

17-12-2020 / Xuventude

Un ano máis o Concello de Soutomaior convoca o xa tradicional Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal que nesta edición dadas as circunstancias nas que nos atopamos pola pandemia da COVID-19 tivo que reformularse e pasarse á modalidade en liña. Non por isto, a xente se desanimou pois este ano contamos cunha alta participación pois presentáronse 190 persoas en...

Últimos días!

16-12-2020 / Xuventude

Para que vos poidades unir á campaña de Heroínas e Heroes con máscara!   Se aínda non preparaches o teu vídeo aproveita estes días para formar parte deste rede! O prazo remata o venres 18 de decembro. Inscríbete e recibirás a túa máscara personalizada ademais de entrar no sorteo de 2 ordenadores portátiles!!!   Mirade na web os xa presentadados: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/heroes-e-heroinas-1

TV Concellería de Xuventude