Luns, 11 Xaneiro 2021 14:18

Novidades carné xove!

Novidades carné xove!
O Carné Xove será enviado de balde ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos.
Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa vixencia pasará a ser indefinida, en lugar de caducar cada dous anos, de xeito que o carné será válido ata que o seu titular cumpra os 30 anos.
 
Se tes alguha dúbidas contacta coa OMIX nos números 986700822ou ben por whatsAPP 638822868 e axudarémosche!

Publicado en Xuventude
Visto 22 veces


Concellería de Xuventude

Inicio de novas actividades!

14-01-2021 Xuventude

As Concellerías de Xuventude e de Educación do Concello de Soutomaior avanzan as primeiras actividades do ano. Actividades que se adaptan ás novas circunstancias que vivimos en cumprimento das novas...

Novidades carné xove!

11-01-2021 / Xuventude

O Carné Xove será enviado de balde ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos. Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa...

Postais e felicitacións de Nadal premiadas no Concurso de 2020

21-12-2020 / Xuventude

Podedes consultar as postais e felicitacións premidas polo Xurado e tamén cales foron as máis votadas neste 2020 polo público a través da web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/lista-de-exitos A entrega de premios terá lugar este mércores 23 de decembro ás 11 h no Multiúsos en Arcade durante un acto moi breve ao que soamente poderán acudir as persoas premiadas para recoller os premios para...

Votación popular das postais e felicitacións presentadas no Concurso deste ano 2020

17-12-2020 / Xuventude

Un ano máis o Concello de Soutomaior convoca o xa tradicional Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal que nesta edición dadas as circunstancias nas que nos atopamos pola pandemia da COVID-19 tivo que reformularse e pasarse á modalidade en liña. Non por isto, a xente se desanimou pois este ano contamos cunha alta participación pois presentáronse 190 persoas en...

Últimos días!

16-12-2020 / Xuventude

Para que vos poidades unir á campaña de Heroínas e Heroes con máscara!   Se aínda non preparaches o teu vídeo aproveita estes días para formar parte deste rede! O prazo remata o venres 18 de decembro. Inscríbete e recibirás a túa máscara personalizada ademais de entrar no sorteo de 2 ordenadores portátiles!!!   Mirade na web os xa presentadados: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/heroes-e-heroinas-1

XIX Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal 2020

20-11-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca a XIX edición do Concurso de Postais e Felicitacións das festas de Nadal e Aninovo co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega.  Dadas as actuais circunstancias derivadas...

TV Concellería de Xuventude