Venres, 12 Marzo 2021 09:48

Novos cursos de formación! Prazo aberto

Novos cursos de formación! Prazo aberto

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos de formación en varias áreas profesionais co fin de adaptar a formación deste trimestre ás diferentes necesidades das persoas e tamén ás demandas do mercado co fin de mellorar a empregabilidade da poboación xuvenil e de todas aquelas persoas que estén na procura de emprego activa ou queiran continuar formándose para ampliar o seu currículo. Dadas as actuais circunstancias derivadas da pandemia COVID-19 a formación fundamentalmente será en liña agás naqueles cursos nos que se realicen prácticas en empresas nos cales a metodoloxía será mixta combinado clases presenciais con formación en liña.  Na información específica para cada curso xa de indican horarios, modalidades, datas, horas de prácticas, contidos, etc. Os cursos ofertados van dirixidos a persoas a partir dos 16 anos. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente EN LIÑA na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Os cursos ofertados son:

Curso de internet para procurar emprego (10 h)

Curso de operario/a de almacén (modalidade mixta) (40h teóricas + 50h prácticas en empresas con bolsa aberta de contratación)

Curso de alimentación e dietética (en liña) (40 h)

Curso oficial de Monitor/a de Tempo Libre (350 h)

Na web de inscrición ben detaiada toda a información de cada cursos e os pasos a seguir para realizar o pago das cotas correspondentes. 

Para calquera dúbida poden contactar coa OMIX nos números 986700822, 638822868 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

DESCARGA O PDF:

2o Trimestre BIX Xuventude 2021


Publicado en Xuventude
Visto 171 veces


Concellería de Xuventude

Samaín 2021

15-10-2021 Xuventude

Este ano voltaremos a celebrar o Samaín, unha festa tan agardada por todas e todos nós. Mantendo os criterios de seguridade igual que ata agora retomos este programa que contará...

Novas actividades!

13-08-2021 / Xuventude

Hoxe abrimos o prazo de inscrición en liñas nas escolas municipais de debuxo e pintura, de teatro e no curso de preparación das probas B1 inglés. https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Remata o campo de voluntariado "Soutomaior fai Camiño"

28-07-2021 / Xuventude

Tras 12 días de actividade intensiva as persoas participantes no Campo de Voluntariado promovido pola Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) en colaboración co Concello de Soutomaior chega ó seu fin. Este martes as e os voluntarios/as chegados desde diferentes lugares (Coruña, Pontevedra, Cáceres, Córdoba e País Vasco) remataron o intenso programa de actividades.  Os mozos e mozas conseguiron durante...

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

06-07-2021 / Xuventude

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a época estival. Aproveitando os lugares de recreo e lecer de zonas de praia e río durante o mes de xullo e agosto realizaranse varias actividades en lugares diferentes do municipio. Así...

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

02-07-2021 / Xuventude

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030. Para isto a proposta contempla tres bloques...

Soutomaior fai Camiño! Campo de voluntariado.

29-06-2021 / Xuventude

O Concello de Soutomaior colabora coa Xunta de Galicia na Campaña de Verán deste ano impulsando este Campo de Voluntariado que se desenvolverá no municipio desde o 16 ata o 27 de xullo de 2021. Con motivo do Ano Santo Xacobeo 2021 e da promoción da iniciativa impulsada pola ONU dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) promovemos este campo co  fin...