Educación
Educación +
Axenda Educación

O luns 21 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down imos realizar unha actividade no noso municipio que consistirá na proxección da película Valentina, unha produción galega, estreada a finais de 2021 e que ven de recibir o premio Goya á Mellor Longametraxe de Animación
Valentina está protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca poderá conseguir o seu sono de ser trapecista, pero ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz e aprenderá que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender. Valentina é unha longametraxe que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.
A sesión está dirixida ao alumnado de 3 a 7 anos dos centros educativos do municipio.
Faranse dous pases no Multiúsos en Arcade:
10:00 h Alumnado de infantil CEIP M. Padin Truiteiro
(6 grupos - 100 persoas)
12:00 H Alumnado de 1º e 2º primaria Colexio Santiago Apostol
(2 grupos – 57 persoas)
Ademais da proxección, haberá un pequeno acto no que haberá un coloquio e no que se entregarán unhas guías didácticas para que logo o profesorado traballe en aula despois de ver o filme. Foron elaboradas para traballar a inclusión nas aulas a través da película e están dirixidas especificamente, unha para o alumnado de Educación Infantil e outra para o de Primaria.
Educación
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que cada primavera aprésanse para participar en Rapa das Bestas. Ademais, percorreron unhas paraxes naturais inesquecibles, cheas de flora e fauna autóctona que fixo as delicias de pequenos e maiores. Grazas a...
06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...
21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia' que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...
19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de...
06-04-2022 / Educación
Soutomaior celebrará os días 22 e 23 de abril a súa primeira Feira do Libro. Trátase dunha iniciativa que leva anos preparándose , pero que a pandemia non deixara desenvolver e...
21-03-2022 / Educación
Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o Concello de Soutomaior quixemos achegar o noso granito de area e colaborar na inclusión de todas...
15-03-2022 / Educación
O luns 21 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down imos realizar unha actividade no noso municipio que consistirá na proxección da película Valentina...
15-03-2022 / Educación (Escola de Familias)
Todos os que queiran participar nesta nova sesión de ‘ Escola de Familias’ deberán inscribirse ata o día 21 deste mes. Cabe lembrar que terán prioridade aquelas familias cuxos fillos estean...
Educación +