Martes, 11 Setembro 2018 12:31

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

Novo Instituto – Xornada de portas abertas

O novo instituto público do Concello de Soutomaior xa se atopa listo para acoller a próxima semana o inicio do novo curso escolar. Para presentar o novo centro educativo aos alumnos e as súas familias, o Concello, en colaboración co equipo directivo, organiza este xoves unha xornada de portas abertas con visitas guiadas entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Os percorridos polo novo edificio terán unha duración aproximada de 30 minutos, polo que os asistentes repartiranse en varios grupos para que a visita sexa o máis cómoda posible para todos os participantes. Así mesmo, durante a xornada o equipo directivo do centro resolverá todas as dúbidas que os novos alumnos e os seus familiares poidan ter antes de comezar as clases.


Publicado en Educación
Visto 1147 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Actividades para as vacacións de Nadal!

14-11-2019 / Educación

Ata o 17 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para participar nas ACTIVIDADES PARA AS VACACIÓNS DE NADAL programadas pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Este ano contamos con dúas temáticas que están moi relacionadas porque con ambas se trata de sensibilizar sobre o respeto ao medio ambiente e natureza e consumir responsablemente. Por unha banda...

Novos roteiros medio ambientais!

24-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

15-10-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura...

Recunchos máxicos: dende as Alvedosas ata o Ulló

07-10-2019 / Roteiros Medioambientais

Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019  que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa  son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Coleroteiros

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros

13-03-2019 / Coleroteiros

Este martes 12 de marzo tivo lugar no IES a primeira reunión informativa coas familias para explicar o proxecto de camiños escolares ColeRoteiros. Na mesa informativa participaron  Fátima Vidal – Concelleira de Educación. Noelia Ocampo – Concelleira de Xuventude e Voluntariado. Dirección do IES de Soutomaior. Antonio Duarte – Xefe da policía local de Poio. Impulsor do Proxecto de Camiños Escolares Pontevedra. Elena Rodríguez García...