Xoves, 21 Febreiro 2019 11:18

Programa ColeRoteiros

Programa ColeRoteiros

O Concello de Soutomaior presentou o programa “ColeRoteiros”, unha iniciativa destinada a fomentar a mobilidade saudable entre os máis novos mediante a creación de itinerarios seguros a través do municipio para que o alumnado poida acudir aos seus centros de estudo en grupo, fomentando a súa independencia e fortalecendo valores de amizade e convivencia.

 A posta en marcha dos itinerarios comezará o 29 de marzo coa primeira das sete rotiquedadas que se realizarán para fomentar o uso dos roteiros por parte dos escolares.

 As quedadas realizaranse en venres alternos ata o final de curso e contarán con monitores/as de educación viaria para acompañar aos pequenos/as á vez que lles explican os sinais de tráfico e bos hábitos de seguridade para ciclistas e peóns.

Para o deseño dos itinerarios están a levarse a cabo varias probas nas que, coa axuda da policía local, buscamos posibles problemas de circulación para os pequenos/as. Revisión dos pasos peonís, os carrís para bicicletas, paradas de autobuses… logo será a concellería de Vías e Obras a que realizará as melloras.

Os itinerarios deseñados como “ColeRoteiros” contarán cunha sinalización vertical e horizontal propia representada pola mascota do programa “ Roti”. Ademais, estableceranse diversas paradas sinalizadas que servirán como punto de encontro dos participantes. Cada parada dispoñerá dun panel indicativo cun código QR a través do cal se poderá consultar en todo momento a información do programa, o calendario de quedadas programadas, os comercios próximos adheridos á iniciativa…

O programa “ ColeRoteiros” tamén inclúe a colaboración dos comerciantes do municipio, que poderán adherirse ao programa para ser identificados cun adhesivo no seu escaparate como “comercio seguro”. Desta maneira, os mozos terían un lugar ao que acudir no caso de necesitar axuda ante calquera problema ou accidente que tivese lugar durante o itinerario. Ademais, para facilitar o acceso instantáneo á información do programa por parte dos pequenos e as súas familias, o Concello de Soutomaior habilitou unha web específica coa que se poderá recibir en tempo real a información de horarios, paradas, recordatorios…


Publicado en Coleroteiros
Visto 950 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

O Concello de Soutomaior reparte axendas aos escolares

10-09-2021 / Educación

A Concellería de Educación de Soutomaior acaba de repartir 960 axendas escolares entre os alumnos dos diferentes centros de educación pública do municipio. Este é o cuarto ano en que o Concello de Soutomaior encárgase da edición e entrega destas axendas ideadas co obxectivo de proporcionar aos estudantes unha ferramenta coa que mellorar a organización das súas tarefas e que á...

Fai click no teu bocata!

05-08-2021 / Educación

Hoxe tivo lugar o obradoiro "FAI CLICK NO TEU BOCATA" da Consellería do MAR, para aprender a comer saudablemente! Falamos das conservas, dos métodos de conservación, como se pescan os animais e cales son as súas características... E, despois de preparar un delicioso bocata de xardiñas puidemos degustalo e concluír cun pequeno xogo de pistas tralo cal as persoas inscritas...

Obradoiro: Fai click no teu bocata!

21-07-2021 / Educación

Para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo asi en hábitos de consumo alimentario saudables, chegan Ó Concello de Soutomaior os obradoiros de “Fai clic ao teu bocata”. Unha iniciativa promovida pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Soutomaior coa que pretendemos fomentar entre a poboación infantil e xuvenil o...

Día Internacional do Medio Ambiente- 5 de xuño de 2021

01-06-2021 / Educación

O Concello de Soutomaior conmemora este día tan especial e importante con actividades, cine, accións de sensibilización e sumándose á Campaña Unha árbore por Europa. Durante estes meses desenvolvéronse diversas iniciativas nas que colaboraron os centros educativos do municipio como a Campaña efecto dominó ENTRE RÍOS dirixida a alumnado de 1º da ESO do IES Soutomaior e alumnado de 6º de...

Brigadas ecolóxicas "Lixus Marítimus"

25-05-2021 / Educación

O alumnado de 2º da ESO do IES Soutomaior participou hoxe neste programa municipal organizado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Trátase dunha campaña de sensibilización sobre o uso excesivo de plásticos nas nosas vidas e a súa posterior xestión, descontrolada, como residuo que afecta de maneira directa á nosa contorna e ao noso planeta. Unha xestión coidadosa da...

O mellor amigo, tamén nas aulas

15-04-2021 / Educación

 “ Uma”, así se chama a Golden Retriever que esta mañá visitou ao alumnado da escola infantil de Romariz dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos organizado polo Concello de Soutomaior. A iniciativaprocura, mediante a axuda destes animais, mellorar as capacidades sensitivas e motoras do alumnado. Dado que o can non fala o mesmo linguaxe que eles e...

TV Concellería de Educación