Martes, 15 Outubro 2019 16:00

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo. Esta visita será guiada e vai dirixida a todos os públicos porque para xogar non hai límite de idade. Desde a Concellería de Educación, trátase, en definitiva, de ofrecerlles ás familias de Soutomaior, pero sobre todo aos/ás máis cativos/as un tempo que transcorrerá dun modo inesquecible, no que conxugar habilidade e diversión a través dos enxeñosos dispositivos lúdicos que se espallarán polo Museo Centro Gaiás e ao alcance de todos e todas.

A xornada ademais contará cun programa máis extenso de actividades que nos farán aproveitar a visita ao máximo e pasar un domingo diferente en Santiago de Compostela. Pola mañá tamén visitaremos un museo moi especial para Galicia, o Museo das Peregrinacións, onde as guías nos explicarán moitas cousas sobre a peregrinación como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións e a cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación. Unha visita que tamén estará adaptada a todas as idades.

O programa de actividades para esta xornada é o seguinte:

 

10.30 h                                 Saída desde Casa do Concello en Soutomaior .

                   Saída desde Cruce de Pierres en Arcade .

11.30 h                                 Chegada a Santiago de Compostela.

12.00 a 13.30 h                    Visita guiada “MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS”              

13.30 a 15.15 h                    Xantar e tempo libre (por conta de cada participante).

15.30 h                                 Reunión do grupo e saída para o monte Gaiás.

16.00 h a 17.30 h                 Visita  guiada EXPOSICIÓN ARGALLAR: para xogar  

                                             coa arquitectura. Museo Centro Gaiás.

17.30 a 18.30 h                   Tempo libre para xogar e experimentar por libre.

18.30 h                                 Reunión no punto de encontro e regreso a Soutomaior

 

 

A participación desta xornada é de balde. A actividade conta coa colaboración de todas as entidades ás que imos visitar e tamén do proxecto TERRA do Colexio de Aquitectos/as de Galicia.

As prazas son limitadas e as inscricións son obrigatorias EN LIÑA ata o xoves 24 de outubro no enlace:  https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2198/visita-argallar-exposicion-para-xogar-coa-arquitectura

 

 


Publicado en Ensino
Visto 825 veces

Ensino

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

Pechamos Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia de Talo Río

05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día.  Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados.  Desta forma...

II Feira de Ciencia

II Feira de Ciencia

02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro

O sábado pasado tivo lugar o Roteiro "As Illas Cíes por terra e por mar"

02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...

O alumnado do IES Soutomaior achegouse á programación informática

14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...

Éxito absoluto do roteiro pola zona de Oia

06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)

Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

04-12-2022 / Ensino

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...

Moi bo ambiente e entusiasmo no campamento dos Peares

12-08-2022 / Ensino

 O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...