Educación
Educación +
Axenda Educación

Iniciamos un novo curso da Escola de Familias convocado polo Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación. Esta escola ten como obxectivos: promover o desenvolvemento das competencias parentais para unha evolución saudable da familia e dos/as seus/súas membros. Dotar as familias de coñecementos e ferramentas básicas que lles permitan abordar o desenvolvemento dos fillos e fillas dende unha maior seguridade, xerar espazos de encontro e confianza onde poidan compartir e reflexionar en común sobre as súas experiencias, inquedanzas e intereses e informar ás familias sobre temas de actualidade favorecendo o achegamento a vías de formación e información de calidade. As charlas realizaranse nas instalación do IES de Soutomaior e están abertas a toda a comunidade educativa de todos os centros do municipio (CEIP M. Padin Truiteiro, Galiña Azul, EEI Romariz, Colexio Santiago).
As prazas serán limitadas e haberá que inscribirse en liña na web: Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com). Para as familias que acudan con menores ofertaremos un servizo de actividades lúdicas para que poidan xogar e aprender mentras as familias asisten á formación. Haberá que indicalo previamente na ficha de inscrición.
Os temas a tratar ao longos destes meses de febreiro a maior serán:
Tema: Novas parentalidades e as inquedanzas das familias.
Data: martes 22 de febreiro
Horario: de 18.30 a 20.00 h
Contidos: nesta sesión introdutoria analizaremos experiencias e novas ideas sobre a parentaliddade reflexionando e compartindo inquedanzas e necesidades das familias no contexto actual caracterizado por unha gran diversidade de modelos para un proceso de crianza nas que os fillos e fillas presentan novos desafíos e retos ás familias.
Tema: Convivencia e adolescencia: establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar.
Data: martes 22 de marzo
Horario: de 18.30 a 20.00 h
Contidos: nesta segunda sesión levaremos a cabo unha aproximación ós diferentes estilos educativos e comprender as diferentes dinámicas familiares que xorden a partir dos mesmos. Identificaremos os tipos de apego e as consecuencias relacionais dos mesmos. Afondaremos na prevención e intervención das problemáticas de violencia e as súas manifestacións.
Tema: O conflito e como xestionalo
Data: martes 26 de abril
Horario: de 18.30 a 20.00 h
Contidos: nesta sesión abordaremos que entendemos por conflito, cales son as súas fases e traballaremos sobre a relevancia do compoñente emocional do mesmo. Falaremos de tipos de conflito e das actitudes persoais para afrontalos. Finalizaremos cun caso práctico para representar o explicado.
Tema: “Boyhood. Momentos dunha vida” O cine como experiencia de aprendizaxe.
Data: martes 24 de maio
Horario: de 18.30 a 20.00 h
Contidos: na primeira sesión facilitarase o acceso o filme para as familias, para que poidan visionalo previamente a esta sesión. Neste día, a través de diferentes cortes da mesma, traballaremos sobre a evolución as vivencias dunha familia e os seus compoñentes ó longo dos anos.
RESEÑA CURRICULAR DAS PONENTES:
Máis información na OMIX. Tel. 986700822 ou por whatsapp 638822868
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +