Venres, 28 Outubro 2016 20:40

Novos programa de actividades educativas

Novos programa de actividades educativas

O Concello de Soutomaior pon en marcha novas actividades da man da Concellería de Educación co fin de promover accións non formais de índole educativa onde poidan participar persoas de todas as idades. Entre as temáticas a tratar está a ciencia, a tecnoloxía, a edución en familia e a educación medioambiental.

Todos estos temas trataranse ó longo do trimestre mediante diferentes actividades programadas para adaptarse a diferentes públicos. Búscase a implicación das familias e a promoción de habilidades e destrezas que nos fagan máis compentencias a nivel individual pero tamén a nivel colectivo.

As actividades son:

  1. Aprendendo en familia: escola de pais e nais que contará cunha única sesión experimental e participativa dirixida a todos os membros da familias durante a cal se vivirá unha experencia creativa e moi dinámica.
  2. En clave tecnolóxica: aprende xogando é unha actividade pensada para que os nenos e nenas desde as idades máis tempranas se inicien no universo tecnolóxico aprendendo a usar estes recursos dixitais para potenciar as súas habilidades creativas e resolutivas a través do xogo.
  3. Continúase, tamén co programa de roteiros medioambientais para seguir coñecendo os recunchos do Concello e aprendendo novas cousas sobre o noso entorno e sensibilizándonos un pouco máis co seu coidado. Saída dende A Xunqueira de Arcade: https://goo.gl/maps/Z4B6mG7ekRk empregarase un lector QR: https://play.google.com/store/apps/details?id=me.scan.android.client
  4. E, para finalizar o trimestre, a actividade laboratorio tecnolóxico, achegará durante as vacacións de Nadal ós nenos e ás nenas á ciencia, tecnoloxía e arte. Mediante obradoiros lúdicos, saídas artísticas, uso de programas de modelado e programación, etc. poderán experimentar novas sensacións e coñecer novos xogos moi divertidos.

As actividades requiren inscrición previa na maioría dos casos. Máis información e inscricións na OMIX, Multiusos.


Publicado en Educación
Descargar adjuntos:

2016 - 4 Trimestre Programación Educación (802 Descargas)
Visto 2034 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Curso de linguaxe de signos española (30h)

23-02-2021 / Educación

O Concello de Soutomaior convoca un curso de linguaxe de signos nivel A1.1. no marco da rede estatal de ensinanzas da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), seguindo unha organización curricular e pedagóxica acorde á filosofía do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. O curso será impartido por persoal especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de...

Soutomaior coa Ciencia

11-02-2021 / Educación

A partir deste mes de febreiro comezaremos co programa "Soutomaior coa ciencia" que como en edicións anteriores contará cunha programación variada na que haberá ao longo destes meses e ata xuño actividades dirixidas a todos os públicos.   A finalidade é a de achegar o mundo da ciencia á cidadanía xeral dun xeito sinxelo, entretido e divertido poñendo en valor o papel...

Escola de Familias. Programa 2021

11-02-2021 / Escola de Familias

Desde o Concello de Soutomaior poñemos en marcha un novo programa de charlas dirixidas ás familias do municipio ou que teñan alumnado escolarizado nalgún dos centros ubicados no Concello de Soutomaior. Dadas as limitacións e restriccións actuais derivadas da pandemia COVID-19 nesta ocasión as charlas non poderán ser presenciais, polo menos polo de agora. Así que comezaremos facéndoas virtualmente a...

Cápsulas creativas para as vacacións de Nadal! xogar, agasallar, cociñar

01-12-2020 / Educación

Comeza o prazo de inscrición para participar nas actividades que  a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior propón para este Nadal 2020. As actividades estarán adaptadas ás idades das persoas participantes e haberá grupos por idades desde os 6 ata os 18 anos. A proposta deste ano é diferente xa que tamén estamos ante un ano diferente por iso a novidade...

Incorporación de novas persoas ó proxecto Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica

21-10-2020 / Horta Urbana Ecolóxica

Convócanse prazas para participar no proxecto Escola Municipal de Horta Urbana ecolóxica impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior. Toda a información sobre as normas e funcionamento podedes atopala xunto coa ficha de inscrición indicada máis abaixo.   As persoas interesadas en participar teñen que cubrir a súa inscrición na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina   O prazo de inscrición pecha o 12 de novembro...

Roteiros medioambientais

16-10-2020 / Educación

Comunicamos que esta actividade queda cancelada ante as novas normas de reducción persoas en actividades grupais e sociais. Desde o Concello decídese cancelar porque aínda que a actividade xa estaba organizada con subgrupos quérense evitar todos os riscos e neste caso había un percorrido en autobús que se faría con todo o grupo conxuntamente ata o lugar de inicio da...

TV Concellería de Educación