Ensino
Ensino +
Axenda Ensino

Comeza o prazo de inscrición para participar nas actividades que a Concellería de Educación do Concello de Soutomaior propón para este Nadal 2020.
As actividades estarán adaptadas ás idades das persoas participantes e haberá grupos por idades desde os 6 ata os 18 anos. A proposta deste ano é diferente xa que tamén estamos ante un ano diferente por iso a novidade será que estas actividades realizaranse na modalidade en liña.
Os materiais que usemos nas actividades 3R serán fundamentalmente cousas de reutilicemos para darlle unha segunda vida o que aparentemente xa non nos serve. Pero tamén haberá actividades para cultivar os nosos gustos pola cociña creativa e aprender receitas novas e saudables. Aprendermos a construír xogos moi divertidos como un futbolín que poderemos converter nun labirinto, estampar sobre teas dun xeito ecolóxico, a facer testos con formas tribais nos que as nosas plantar quedarán xenial, cociñar bolachas, brownies ou trufas, confeccionar e personalizar as fundas do noso móbil ou atopar o noso lado máis creativo aprendendo a xogar co lettering. A proposta é moi variada e con ela xa poderemos aproveitar para confeccionar os nosos propios agasallos de Nadal.
A participación para que sexa segura e poidamos manter á raia á COVID-19 será en liña. Crearemos salas específicas para cada actividade na plataforma de Jitsi Meet que se enviarán previamente ás persoas inscritas para que poida conectarse.
Tamén recibirán previamente unha lista co material que terán que ter preparado para ese día. Cada sesión será dunha hora e media e os grupos serán reducidos para poder aproveitar ó maximo as explicacións do monitorado e tamén interactuar co resto de membros do grupo. As inscricións realizarnase ata o día 18 de decembro a través da web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2454/capsulas-creativas
Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa OMIX no número 986700822 ou ben por whatsAPP no número 638822868
As actividades son de balde e teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +