Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental.
O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea. Educar en valores de respeto e coidado á natureza.
As persoas destinatarias son persoas interesadas en realizar unha actividade diferente e saudable (público xeral). Poderán participar todas as idades pero tendo en conta que todos os roteiros implican camiñar e moverse, fixarse na dificultade de cada roteiro, na duración, etc. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.
Ofertamos tres roteiros para este trimestre do ano:
8 de abril
Breve descrición: 6kms (dificultade baixa); Praia Fluvial A Xunqueira, sendeiros a carón do Verdugo, sendeiros pola zona baixa de Saramagoso. Variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas.
Prazo de inscrición xa aberto ata o 5 de abril. Será necesario inscribirse previamente porque as prazas son limitadas. A inscrición faise a través deste formulario en google: INSCRICIÓN EN LIÑA
Os seguintes roteiros están programados para os meses de maio e xuño e o prazo de inscrición abrirase en abril.
6 de maio
Breve descrición:A ruta comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.
10 de xuño:
Breve descrición: a actividade consistirá en realizar dous roteiros pero nesta ocasión serán pola Illa de Sálvora e pola Illa de Ons, dous arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, único Parque Nacional que temos na nosa Comunidade Autónoma. En ambos roteiros trataranse aspectos naturais pero tamén culturais, xa que ambas illas tiveron poboación nalgún momento. Durante a xornada non se camiñará todo o día senón que haberá descansos e tamén hai que ter en conta os traslados de ida, de volta e entre illas. Pola tarde, haberá tempo libre e tamén a posibilidade de participar nunha actividade lúdica dirixida a todas as idades con contido medioambiental.
Máis información na OMIX ou na web http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/roteiros-medioambientais
Roteiros Medioambientais
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar coa visita polo parque somerxido da Illa coa axuda dunhas lentes virtuais e das guías especializadas na materia.
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
18-10-2021 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE ARCADE-SOUTOMAIOR. Iniciaremos a actividade cunha pequena explicación que se realizará no Multiúsos en Arcade e que terán unha duración de 1 h para expoñer conceptos básicos sobre micoloxía: concepto de fungo...
07-10-2020 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais...
24-10-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
07-10-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
15-01-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Poñemos en marcha de novo o programa municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Educación +