Educación
Educación +
Axenda Educación
CURSOS

Prazas completas
ata:13 Feb 2023

ata:21 Feb 2023

ata:21 Feb 2023

ata:10 Abr 2023

O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as persoas participantes poderán participar nunha visita guiada á Aula de Natureza do Monte Siradella e os seus arredores co fin de coñecer este espazo natural e todos os recursos ambientais, paisaxísticos, de flora e fauna, ... que alberga. Despois de visitar a aula tamén se realizará un pequeno roteiro polo intermareal da Lanzada onde se explicará a súa riqueza, funcionalidades, aves que habitan nel e flora. Recoméndase que se se dispón de prismáticos se leven porque esta é unha época moi interesante para ver moitas aves. A actividade será de balde e incluirá a organización e tamén o transporte de ida e volta que se realizará en autobús.
En cum`primento da nova normativa en relación á COVID-19 as prazas serán limitadas (18 prazas en total). Unha vez lugar contaremos con dúas guías para poder dividir o grupo en 9+9 e esta ratio manterase durante toda a xornada co fin de poder manter as distancias e que as explicacións se poidan realizar con maior calidade.
Para participar haberá que inscribirse previamente ata o 14 de outubro EN LIÑA: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2440/roteiro-monte-siradella-e-intermareal-da-lanzada
Para calquera dúbida que teñades podedes poñervos en contacto coa OMIX 986700822 - 638822868 ou por correo en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
DESCRICIÓN DA XORNADA
OBRIGATORIO: máscara facial (protección Coronarirus).
Material recomendado para realizar a actividade:
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Roteiros Medioambientais
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que cada primavera aprésanse para participar en Rapa das Bestas. Ademais, percorreron unhas paraxes naturais inesquecibles, cheas de flora e fauna autóctona que fixo as delicias de pequenos e maiores. Grazas a...
18-10-2021 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Soutomaior inicia a nova proposta para este trimestre do programa Roteiros medio ambientais: Coñece o teu Concello e arredores. Comezamos este domingo 24 de outubro co ROTEIRO MICOLÓXICO POLOS MONTES DE...
07-10-2020 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
O Concello de Soutomaior convoca este roteiro e actividade de sensibilización medioambiental que terá lugar o domingo 18 de outubro pola mañá. Será unha xornada moi completa na que as...
24-10-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
07-10-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Comezamos de novo co programa “Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores" 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un...
15-01-2019 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Poñemos en marcha de novo o programa municipal Roteiros medioambientais GUIADOS: coñece o teu Concello e arredores 2019 que organiza o Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación (Soutomaior). Os obxectivos do programa son coñecer os valores medio ambientais do noso Concello e tamén do noso entorno máis próximo, promover o senderismo como medio para estar en forma e...
09-04-2018 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores". O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018. O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai...
26-03-2018 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
O Concello de Soutomaior inicia neste trimestre o programa de Roteiros Medio Ambientais con novas datas e propostas para disfrutas de actividade na natureza e de educación medio ambiental. O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do noso Concello da man dunha guía. Promover o senderismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a...
Que é?
Un programa de roteiros nos que se combina a educación e sensibilización medio ambiental co senderismo e as actividades lúdicas e de lecer. Cada roteiro ten as súas peculiaridades que se van destacando da man dunha guía que durante o percorrido vai explicando e interpretando o que se ve: arquitectura, flora, fauna, paisaxe, etc. Estas explicacións realízanse combinando diferentes técnicas e recursos dun xeito dinámico e divertivo: uso de mapas, aplicación de tecnoloxías como por exemplo os códigos QR ou o xeocaching, etc.
Obxectivos
Inscricións
Durante o ano realízanse varias convocatorias que habitualmente se programan cunha periodicidade trimestral.
IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.
Material necesario:
*Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días antes de cada roteiro na OMIX ou ata cubrir prazas.
Educación +