Luns, 20 Xuño 2022 13:39

Dous días para gozar do verán: Videoxogos, Torneos de ESports, concerto de Grande Amore e moito máis

Dous días para gozar do verán: Videoxogos, Torneos de ESports, concerto de Grande Amore e moito máis

Os días 8 e 9 de xullo celebramos os eventos máis grandes do verán no  Peirao de Arcade. Por unha banda,  VideoXogando, un Salón Lúdico e do Videoxogo pensado para facer as delicias de todos os  gamers. Por outra, o Festival Soutomareiro, un evento musical que contará coa actuación de Chaleco Reflectante, Grande Amore e EME DJ.

Videoxogando organizouse pensando na comunidade gamer que cada ano ten máis adeptos e á que, desde o concello, non queremos esquecer. Por iso, durante eses dous días todos os amantes dos videoxogos poderán gozar de actividades e postos con todo tipo de elementos relacionado con este mundo.

Neste sentido, o salón contará cun posto cos últimos lanzamentos de Nintendo e un bo número de consolas para que todos os poidan probar. Ademais, haberá unha zona para os/ as máis ‘ maduritos/ as’ con xogos retro que os farán volver a aqueles días de gloria. Non faltarán tampouco unas cantas mostras de xogos  indie, para quen busca novas sensacións lonxe do entretemento ‘mainstream’.

Pero  Videoxogando non só é un salón de videoxogos no que probar títulos de todo tipo, tamén é un evento social. Por iso contactamos con  Kings  Dragon, o equipo de Mario Kart referente en Galicia, para que organice un torneo deste popular xogo.

Cabe destacar que todos os interesados en participar deberán inscribirse en Gabinete Soutomaior ata o día 6 de xullo.

Máis aló do mundo gamer, haberá unha zona  gastro; mesas redondas;  obradoiros e moito máis. Podedes descargarvos toda a programación aquí:  t. ly/ EpyB

Tras as dúas xornadas de diversión entre videoxogos, chega a quenda do Festival  Soutomareiro, un evento musical que traerá ao  Peirao de Arcade as actuacións de Chaleco Reflectante, que será o encargado de abrir o evento antes do prato forte,  Grande  Amore, un músico chamado a revolucionar o panorama galego e que tocou en festivais de gran envergadura por toda España, como o  Portamerica, o Osa do Mar, o Caudal  Fest ...

EME Dj será a encargada do fin de festa coa súa sesión de música e ritmo.


Publicado en Cultura
Descargar adjuntos:

22 Videoxogando 2022 Programa.pdf (30 Descargas)
Visto 130 veces

Cultura

Concerto multitudinario de Dani Fernández no Peirao de Arcade

Concerto multitudinario de Dani Fernández no Peirao de Arcade

26-07-2022 / Cultura

Dani Fernández concentrou a miles de fans o pasado venres no Peirao de Arcade. Unha alternativa de lecer cultural, sa e segura para os mozos e mozas do Concello! Durante todo o día notouse un ambiente especial en Soutomaior, con moitos bares e terrazas cheos de forasteiros, pero foi á noite cando o aparcamento do Peirao se encheu de persoas que...

Dani Fernández e Roi Casal actuarán no Peirao de Arcade nos próximos días

Dani Fernández e Roi Casal actuarán no Peirao de Arcade nos próximos días

19-07-2022 / Cultura

O alcalde de Soutomaior e a concelleira de Cultura presentaron os dous grandes concertos desta semana. O venres ás 22.30 horas saltará ao escenario colocado no Peirao, Dani Fernández. A...

Bernardo Seoane, creador do trofeo dos premios indie de VideoXogando

Bernardo Seoane, creador do trofeo dos premios indie de VideoXogando

14-07-2022 / Cultura

Moitos dos que estivestes a semana pasada en VideoXogando pasastes varias horas na caseta de xogos indies. Algúns deses xogos competiron nun concurso que enfrontou a algúns dos programadores máis...

Elesky deu un espectáculo divertidísimo que concregou a moitos dos seus seguidores

11-07-2022 / Cultura

Un dos momentos álxidos de VideoXogando foi a actuación de Elesky, unha streamer que mestura a música cos videoxogos e que deu un autentico espectáculo. Ademais, moitos seguidores de Soutomaior e...

Pais/nais e fillos/as descobres as novidades do mundo do videoxogo e gozan dos títulos doutra época

11-07-2022 / Cultura

VideoXogando reuniu durante o venres e o sábado a varios centenares de apaixonados dos videoxogos que non quixeron perderse os coloquios, concertos e casetas cos mellores videoxogos de hoxe e...

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encomía a programación de Videoxogando e Soutomareiro

08-07-2022 / Cultura

Onte o alcalde de Soutomaior e a concelleira de Xuventude recibiron á Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, quen quixo ver de primeira man as instalacións nas...

Dous días para gozar do verán: Videoxogos, Torneos de ESports, concerto de Grande Amore e moito máis

20-06-2022 / Cultura

Os días 8 e 9 de xullo celebramos os eventos máis grandes do verán no  Peirao de Arcade. Por unha banda,  VideoXogando, un Salón Lúdico e do Videoxogo pensado para...

Dúas semanas de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas

06-05-2022 / Cultura

Onte, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e as  concelleiras de  Xuventude e Educación, Noelia Ocampo e Fátima Vidal, presentaron a programación do  Concello de cara á celebración do Día...


Os libros que che fan imaxinar

Llévame a casa

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Juan ha conseguido independizarse lejos de su país cuando se ve obligado...

Patio de luces

25-05-2022 / Os libros da Biblioteca

"Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro...

Na néboa

26-01-2022 / Os libros da Biblioteca

"Na néboa, publicada por primeira vez en 1901, e unha hábil historia...

Antes de durmir

28-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Unha delicada historia que fala da amizade durante a infancia e o...

Virtudes ( e misterios)

20-10-2021 / Os libros da Biblioteca

Premio Nacional de Narrativa 2021. El jurado de dicho premio ha seleccionado...

Las vencedoras

07-07-2021 / Os libros da Biblioteca

A los cuarenta años, Solène lo ha sacrificado todo por su carrera...

El huerto de Emerson

10-06-2021 / Os libros da Biblioteca

«La vida puede ser breve, pero la memoria de lo vivido no...

El silencio de las olas

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Un sueño recurrente y perturbador. Un misterioso camafeo y una mujer en...

Escenas, imaxes e sons do camiño

10-05-2021 / Os libros da Biblioteca

Estamos diante dun ensaio que pon en valor a visión e o...

La transformación de Carag

14-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Tras el brillo de los ojos de Carag se esconde un secreto...

El bosque de los cuatro vientos

07-04-2021 / Os libros da Biblioteca

A comienzos del siglo XIX, el doctor Vallejo viaja de Valladolid a...

Sakura

06-04-2021 / Os libros da Biblioteca

Una novela que nos traslada de París a Japón de la mano...