Este ano voltaremos a celebrar o Samaín, unha festa tan agardada por todas e todos nós. Mantendo os criterios de seguridade igual que ata agora retomos este programa que contará con moitas actividades para todas as idades.
PROGRAMA
Domingo 31 de outubro:
ESCAPE ROOM ESPECIAL SAMAIN: IMOS PASALO DE MEDO!
Para festexala imos recrear dous xogos ambientados nesta celebración tan emblemática nos que teremos que superar unha serie de retos e así conseguir escapar.
SALA 1: Xogo “Escola Encantada”
Ven a vivir unha experiencia misteriosa que acontece nunha escola cunha aula chea de retos, probas e sorpresas. Onde os números, libros e figuras serán as túas aliadas para poder escapar e recibir o premio tras conseguir liberar a aula do encantamento.
-
Idades: nenos e nenas de 3 a 6 anos, acompañados de persoa adulta. Público familiar.
-
Lugar: Multiúsos, Arcade
-
Prazas: 10 (por pase)
SALA 2: Xogo “Circo do medo”
Entrarás nun circo moi tétrico e porás en práctica as túas habilidades para descifrar códigos ocultos, mensaxes encriptadas e probas de lóxica con diferentes niveis de dificultade para poder escapar.
-
Idades: todas a partir de 7 anos.
-
Lugar: Multiúsos, Arcade
-
Prazas: 10 (por pase)
Horarios: 4 pases en cada sala
-
Pase 1_ 11:00 a 11:20 horas.
-
Pase 2_ 11:30 a 11:50 horas.
-
Pase 3_ 12:00 a 12:20 horas.
-
Pase 4_ 12:30 a 12:50 horas.
Inscricións previas ata o mércores 27 de outubro. As inscricións estarán activas a partir do luns 18 de outubro EN LIÑA en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
A GRAN CELEBRACIÓN
17.30 a 18.30 h “Charli o inventor de palabras” Clown e improvisación. A partir de 5 anos.
18.30 a 19.00 h Tren asador de CASTAÑAS - DEGUSTACIÓN DE BALDE!
19.00 a 20.00 h “Suaren Bataila” danza, lume, acrobacia, música e meigas. Todas as idades
Lugar: Alameda Talo Río
* Recoméndase asistir a todas as actividades disfrazados/as dunha personaxe típica de Samaín.
Todas as actividades cumprirán as medidas sanitarias de prevención derivadas da COVID-19.
SAMAÍN DOS LIBROS: LIBRO OU TRATO
E, para seguir o mércores 3 de novembro remataremos con esta actividade.
Obradoiro terrorífico onde a través de xogos e contos festexaremos a nosa festa celta de fin de verán e inicio de época escura do ano...pero como nós non queremos nada escuro, faremos unha serie de actividades relacionadas cos libros para pasalo de morte...
-
Hora: 17.30 a 18.30 h
-
Idades: a partir de 5 anos
-
Lugar: Biblioteca Municipal Luís Seoane.
-
Inscricións: en liña
-
Prazas: limitadas.